Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Socios | Ruta dos Foucellas en Baio

28 enero / 07:00 - 17:00

RUTA DOS FOUCELLAS EN BAIO

 28 de Xaneiro 2024 imos realizar a Ruta dos Foucellas por Baio

  • Distancia: 18 km
  • Dificultade: Media
  • 1 avituallamento – Na explanada das Torres de Allo
  • Prezo:
    • Socios – Federados – 10 €
    • Socios – Non Federados – 15 €
    • Sen Desplazamento – Federados – 5 €
    • Sen Desplazamento – Non Federados – 10 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) – Federados – 13 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) – Non Federados – 18 €
    • Sen Desprazamento – Afiliados – Federados – 8 €
    • Sen Desprazamento – Afiliados – Non Federados – 13 €

– Peche de inscricións: Xoves, 25 de Xaneiro ás 23:59 horas 

 

•  1º Punto de encontro: ás 7:00 no aparcamento do Mercadona – Noia

• 2º Punto de encontro: ás 7:10 en Outes, frente á Casa da Cultura    Casa da Cultura de Outes

• 3º Punto de encontro: ás 7:30 na Rotonda da Pereira  Rotonda Pereira – Diante do Bar París

• 4º Punto de encontro e parada para tomar un café: ás 8:00 en Restaurante Tívoli, en Zas.  Restaurante Tivoli – Zas

• 5º Punto de encontro (para quen non vaia en bus) e inicio da actividade: ás 8:50, na Praza Jorge Mira Praza de Jorge Mira

 

– Farase entrega dos dorsais donde van indicados os datos de contacto do club

– Un autobús levaranos ao punto de saída en Praza Jorge Mira

– Percorreremos sendeiros ao marxe esquerdo do Río Grande

– Subiremos aos montes O Castelo e Corte das Cabras

– Pasaremos polas Torres do Allo, onde estará ubicado o Avituallamento. Se algúen desexa rematar alí o seu tramo da ruta, poderá visitar o museo das Torres do Allo

– Voltaremos polo marxe dereito do Río Grande

– Ao remate da Ruta, no Parque de Baio estará esperando o Bus que nos trasladará aos puntos de encontro

O Camiño estará sinalizado, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño

Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista. Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.

Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

Importantísimo

  1. Norma Básica: Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro al longo do percorrido.
  2. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo e o uso dos bastóns.
  3. Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.

¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!

Detalles

Fecha:
28 enero
Hora:
07:00 - 17:00
Categoría del Evento:

Local

Mercadona
Noia
Noia, A Coruña 15200
+ Google Map

Organizador

Club Trabandainas
Correo electrónico
clubtrabandainas@gmail.com
Ver la web del Organizador