1ª ETAPA GALEGA CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA: A PASAXE – VILADESUSO
O 14 de Xaneiro iniciamos o novo tramo do roteiro do Camiño Portugués pola Costa – Etapa Galega , e realizaremos a 1ª Etapa dende A Pasaxe a Viladesuso
– Peche de inscriciones: Xoves, 11 de Xaneiro ás 23:59 horas
* NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!
– O Xantar de Confraternidade terá un coste de 17 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte
* RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, para poder informar ao Restaurante con antelación
* PRAZAS LIMITADAS !!!
• Punto de encontro: ás 6:30 no aparcamento do Mercadona – Noia
– Recollerase aos participantes nos lugares de Noia, Espiñeira, Catoira e Pontevedra
– Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club
– Faremos unha parada para desaiunar en
– O autobús levaranos ao punto de salida en A PASAXE, para dar inicio á ruta desta 1ª Etapa
– Iniciaremos a ruta ás 9:00 horas
– A etapa transcurre practivamente á beira do Río Minho, polo que a dificultade é moi fácil
– O ideal será poder realizar una ruta nunha velocidade de 4,5 km/hora como mínimo, para que a hora de retorno non se faga excesivamente tardía
– Calculamos o remate da ruta ás 13:30 horas, e logo mudaremos a indumentaria, tralo que o Bus nos desprazará ata o Restaurante onde realizaremos un Xantar conxunto
– Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos limitar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento
– Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 16:30 como límite
– Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:
* XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos
* Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos
* SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS*
> O Camiño irá por sendas ou ecopistas o máis preto posible do mar, habrá sinalizaciones do Camiño de Santiago, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño
> Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
> Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
* Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
Importantísimo!!!
¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!