Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Socios | Ruta do Socio – Ruta polas Fragas do Eume

21 septiembre

RUTA DO SOCIO POLAS FRAGAS DO EUME

21 de Setembro, realizaremos unha Ruta polas Fragas do Eume, o día da Ruta do Socio

  • Distancia: 14,00 km
  • Dificultade: Media, aínda que algo técnica
  • 1 avituallamento: Nos paneis de información – parking para bus preto da Antiga Central da Ventureira
  • Prezo:
    • Socios – Federados – 0 €
    • Socios – Non Federados – 5 €
    • Sen Desplazamento – Federados – 0 €
    • Sen Desplazamento – Non Federados – 5 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) – Federados – 13 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) – Non Federados – 18 €
    • Sen Bus – Afiliado – Federado – 8 €
    • Sen Bus – Afiliado – Non Federado – 13 €

– Peche de inscriciones: Xoves, 18 de Setembro, ás 23:59 horas, ou ao cubrirse as prazas do bus   

 * PRAZAS LIMITADAS !!!

 * NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!

 – O Xantar de Confraternidade está en trámite, e valórase un coste aproximado de 18 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte

 

 * RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, a fin de non quedar sen praza e para poder informar ao Restaurante coa antelación precisa

 

•  Punto de encontro: ás 6:30 no aparcamento do Mercadona – Noia

– Recollerase aos participantes nos lugares de Noia, Bertamiráns ou Santiago

– Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club

– Faremos unha parada para desaiunar

– O autobús levaranos ao punto de saída fronte ao Museo Etnográfico de A Capela, para dar inicio á ruta

– Iniciaremos a ruta ás 9:00 horas

– A etapa transcurre por sendeiros cercanos ao río, polo que resultará algo técnica

– Haberá un avituallamento no parking para bus cercano á Antiga Central Ventureira, no km 6,5. Será preciso reanudar a ruta antes das 11:00 horas como límite

– No entorno do Mosteiro, está situada a Taberna de Caaveiro, por se algén desexa tomar algo alí, aconsellamos que sexa despois de visitar o Mosteiro e deberá reincorporarse á ruta antes das 13:00 horas, pois en caso contrario remataríase a ruta demasiado tarde.

– Calculamos o remate da ruta ás 14:00 horas, e logo mudaremos a indumentaria, tralo que o Bus nos desprazará ata o Restaurante onde realizaremos un Xantar conxunto

– Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos axilizar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento

– Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 18:00 como límite (dependendo da hora que poidamos inicialo)

– Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:

XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos

Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos

 

 SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS*

 

  •  O Camiño irá por sendas ao marxe do río, rógase ir ao pendiente, non desprazarse do Camiño e visualizar sempre a algún Colaborador.
  •  Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
  •  Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.

 * Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

 

Importantísimo!!!

  1. Norma Básica:  Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro ao longo do percorrido.
  2. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo eo uso dos bastones.
  3. Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.

Detalles

Local

  • Mercadona
  • Noia
    Noia, A Coruña 15200