O 13 de Xullo 2025 imos realizar a Ruta pola Costa da Vela
– Peche de inscricións: Xoves, 10 de Xullo ás 23:59 horas
– Farase entrega dos dorsais donde van indicados os datos de contacto do club
– Percorreremos sendeiros que nos levarán ata as Praias de Nega, Visó e Barra
– Cruzaremos un regato previo á subida ao sendeiro que nos traslada pola Costa da Vela
– Visitaremos o Faro de Punta Subrido, Faro de Punta Robaleira, e Faro de Cabo Home
– Camiñaremos por sendeiros que nos permitirán visualizar unha fermosa paisaxe fronte a Costa da Vela así como ás Illas Cíes
– Chegaremos ata a Caracola de Donón, onde poderemos gozar dun saboroso avituallamento
– Continuaremos por sendeiros que nos trasladan ata o Monte do Facho, onde poderemos visitar o Facho de Donón e o Castro de Donón, aparte de fermosísimas panorámicas da Costa da Vela, que nos permitirá entender o porque desa denominación, e ao frente as Illas Cíes
– O noso camiñar dirixiranos ata a parroquia de Hío, onde observaremos o histórico Cruceiro de Hío, para continuar ata o punto de Inicio, no aparcamento da Praia de Limens
O Camiño estará sinalizado por fitas Trabandainas, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño
En caso de verse obrigado a desprazarse do camiño é conveniente deixar sempre algún obxecto que indique a súa situación, para non continuar recollendo a marcaxe ata o seu regreso
Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista. Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse