7ª ETAPA CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA: VILA NOVA DE CERVEIRA – TUI
O 9 de Xullo rematamos co roteiro do Camiño Portugués pola Costa , e realizaremos a 7ª Etapa dende Vila Nova de Cerveira ata Tui
– Peche de inscriciones: Xoves, 6 de Xullo a las 23:59 horas
* NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!
– O Xantar de Confraternidade terá un coste de 17 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte
– No momento da inscrición (só os que desexen participar), deberán optar entre Bacallao ao forno ou Carne
* RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, para poder informar ao Restaurante con antelación
* PRAZAS LIMITADAS !!!
• Punto de encontro: ás 6:30 no aparcamento do Mercadona – Noia
– Recollerase aos participantes nos lugares de Mieites, Espiñeira, Catoira e Pontevedra
– Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club
– Faremos unha parada para desaiunar na Flor das Cerejas
– O autobús levaranos ao punto de salida en VILA NOVA DE CERVEIRA, onde rematamos a anterior etapa, para dar inicio á ruta desta 7ª sesión
– Iniciaremos a ruta ás 9:00 horas (os cálculos de horario faise tomando como referencia a hora española)
– A etapa transcurre practivamente na súa totalidade pola ecopista á beira do Río Minho, polo que a dificultade é moi fácil
– O ideal será poder realizar una ruta nunha velocidade de 4,5 km/hora como mínimo, preferiblemente a 5 km/hora, para que nos dé tempo ao Xantar Conxunto e a hora de retorno non se faga excesivamente tardía
– Calculamos o remate da ruta ás 13:00 horas, e logo mudaremos a indumentaria, tralo que o Bus nos desprazará ata o Restaurante Cristina, en Portugal
– Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos limitar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento
– Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, procurando que sexa ás 16:00 horas, ou ás 16:30 como límite
– Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:
* XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos
* Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos
* SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS*
> O Camiño irá por sendas ou ecopistas o máis preto posible do mar, habrá sinalizaciones do Camiño de Santiago, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño
> Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
> Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
* Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
Importantísimo!!!