- Este evento ha pasado.
Socios | 8ª Etapa Galega Camiño Portugués pola costa: Padrón – Santiago

O 14 de Xullo proseguiremos co novo tramo do roteiro do Camiño Portugués pola Costa – Etapa Galega , e realizaremos a 8ª Etapa dende Hotel Scala ata Santiago
- Distancia: 22,94 km
- Dificultade: Baixa
- 1 avituallamento, km 11
- Prezo:
- Socios Federados – 10 €
- Socios Non Federados – 15 €
- Sen Bus – Socio Federado – 5 €
- Sen Bus – Socio Non Federado – 10 €
- Afiliados (1ª Toma Contacto) Federados – 13 €
- Afiliados (1ª Toma Contacto) Non Federados – 18 €
– Peche de inscriciones: Xoves, 11 de Xullo, ás 23:59 horas
* PRAZAS LIMITADAS !!!
* NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!
– O Xantar de Confraternidade terá un coste de 20 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte
* RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, a fin de non quedar sen praza e para poder informar ao Restaurante coa antelación precisa
- 1º Punto de encontro: ás 7:00 no aparcamento do Mercadona – Noia
- 2º Punto de Encontro: Hotel Scala, onde teremos posibilidade de tomar un café e ir ao baño
– Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club
– O autobús levaranos ao punto de salida en Restaurante Scala, para dar inicio á ruta desta 8ª Etapa
– Iniciaremos a ruta si fose posible ás 8:15 horas
– Calculamos á chegada á Igrexa do Pilar, na Alameda, ás 12:30 horas, para continuar coa entrada na calle do Franco e Praza do Obradoiro, acompañados do gaiteiro
– Poderase tomar algo mentras imos recoller as Compostelas á Oficina do Peregrino
– Ás 14:00 horas intentaremos xuntarnos nas escaleiras situadas ao lado esquedo do Pazo de Raxoi, para facer a foto de grupo diante a Catedral, antes de dirixirnos ao bus
– Mudaremos a indumentaria, vestindo a Camiseta Vermella de Gala tralo que o Bus nos desprazará ata o Restaurante, onde realizaremos un Xantar conxunto
– Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:
* XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos
* Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos
> O Camiño irá por sendas ou pistas, habrá sinalizaciones do Camiño de Santiago, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño
> Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
> Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
* Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
Importantísimo!!!
- Norma Básica: Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro ao longo do percorrido.
- Como norma xeral, aconséllase beber pequenos grolos en bastantes ocasións; beber sen ter sede e comer, por pequenas cantidades, sen ter fame.
- Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo eo uso dos bastones.
- Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.