O 7 de Xullo 2024 imos realizar a Ruta polo Encoro do Con a Monte Xiabre
– Peche de inscricións: Xoves, 4 de Xullo ás 23:59 horas
– Farase entrega dos dorsais donde van indicados os datos de contacto do club
– Percorreremos sendeiros que nos levarán ao marxe do Río Cons
– Pasaremos polo entorno do Encoro do Cons
– Disfrutaremos dun avituallamento, no km 9, situado no Merendeiro de Fontefría
– Camiñaremos por unha senda acondicionada para chegar ao Mirador do Monte Xiabre
– Remataremos na zona do Porto de Carril, onde demos inicio da Ruta e onde nos estarán esperando os nosos vehículos e o bus para voltar a casa para xantar
O Camiño estará sinalizado, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño
En caso de verse obrigado a desprazarse do camiño é conveniente deixar sempre algún obxecto que indique a súa situación, para non continuar recollendo a marcaxe ata o seu regreso
Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista. Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
Importantísimo