O 26 de Xaneiro 2025 imos realizar a Ruta polas Fervenzas do Barosa
– Peche de inscricións: Xoves, 23 de Xaneiro ás 23:59 horas
– Farase entrega dos dorsais donde van indicados os datos de contacto do club
– Percorreremos sendeiros que nos levarán ata a Fervenza de Segade
– Pasaremos polo entorno das ruiñas da Fábrica da Luz
– Disfrutaremos dun avituallamento, no km 10, situado no lugar de Búa
– Camiñaremos por sendas ata os muiños e Fervenza do Río Barosa
– Continuaremos por pistas tras cruzar a estrada principal de Pontevedra a Caldas, con moito sentidiño, para logo retomar un tramo do Camiño Portugués que nos levará ata a Carballeira de Caldas de Reis, onde nos estará esperando o bus para voltar a casa para xantar
O Camiño estará sinalizado por fitas Trabandainas, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño
En caso de verse obrigado a desprazarse do camiño é conveniente deixar sempre algún obxecto que indique a súa situación, para non continuar recollendo a marcaxe ata o seu regreso
Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista. Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
Importantísimo
¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!