Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Socios | Ruta Fervenza das Hortas en Arzúa

20 octubre / 07:30 - 17:00

RUTA DA FERVENZA DAS HORTAS EN ARZÚA

O 20 de Outubro 2024 imos realizar a Ruta da Fervenza das Hortas en Arzúa

  • Distancia: 20 km
  • Dificultade: Media
  • 1 avituallamento
  • Prezo:
    • Con Bus – Socio – Federado – 12 €
    • Con Bus – Socio – Non Federado – 17 €
    • Sen Bus – Socio – Federado – 5 €
    • Sen Bus – Socio – Non Federado – 10 €
    • Con Bus – Afiliado (1ª Toma Contacto) – Federado – 15 €
    • Con Bus – Afiliado (1ª Toma Contacto) – Non Federado – 20 €
    • Sen Bus – Afiliado (1ª Toma Contacto) – Federado – 8 €
    • Sen Bus – Afiliado (1ª Toma Contacto)- Non Federado – 13 €

– Peche de inscricións: Xoves, 17 de Outubro ás 23:59 horas

  • Antes de dirixirnos ao Punto de Inicio da Ruta, pararemos en Arzúa para tomar un café e poder ir ao baño
  • 4º Punto de Encontro e Inicio da Ruta: Ás 8:50 en Capela de Fonte Santa, en Lema – Arzúa    Capela de Fonte Santa
  • Ás 9:00 iniciaremos a actividade.

 

– Farase entrega dos dorsais donde van indicados os datos de contacto do club

– Percorreremos sendeiros ao marxe do Río Iso

– Subiremos una pista con notable pendiente, pero que resulta un pequeno tramo que nos achegará ao banco dende onde poderemos visualizar o entorno de Arzúa, se o tempo o permite.

– Logo pasaremos ao Rego Carracedo

– Disfrutaremos dun avituallamento, no km 10, nun cruce de camiños coa estrada de acceso ás aldeas

– 1 km máis adiante teremos a posibilidade de percorrer un sendeiro de ida e volta que nos permitirá acceder á Illa da Altura, situada no medio do Encoro de Portodemouros.

– Para quén desexe facer ese tramo, e visualizar o Encoro máis de preto dende a propia Illa, incrementará 3 kms a ruta básica, pero revaloriza a zona intermedia do percorrido, que por outro lado podería resultar algo insulso.

– Camiñaremos por unha senda cercana ao Encoro de Portodemouros

– A continuación chegaremos á aldea de As Hortas, que pasaremos de longo para poder chegar á Fervenza das Hortas, a cal espero que coa chuvia destos últimos días, se vexa todavía máis fermosa

 

O Camiño estará sinalizado, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño

En caso de verse obrigado a desprazarse do camiño é conveniente deixar sempre algún obxecto que indique a súa situación, para non continuar recollendo a marcaxe ata o seu regreso

Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista. Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.

Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

 

Importantísimo

  1. Norma Básica: Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro al longo do percorrido.
  2. Aconsellamos levar sempre un vaso ou botellín para reencher de bebida e evitar o consumo innecesario de vasos desbotables
  3. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo e o uso dos bastóns.
  4. Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.

Detalles

Fecha:
20 octubre
Hora:
07:30 - 17:00
Categoría del Evento:

Local

Mercadona
Noia
Noia, A Coruña 15200
+ Google Map

Organizador

Club Trabandainas
Correo electrónico
clubtrabandainas@gmail.com
Ver la web del Organizador