- Este evento ha pasado.
Socios | Ruta Fervenza das Hortas en Arzúa
RUTA DA FERVENZA DAS HORTAS EN ARZÚA
O 20 de Outubro 2024 imos realizar a Ruta da Fervenza das Hortas en Arzúa
- Distancia: 20 km
- Dificultade: Media
- 1 avituallamento
- Prezo:
- Con Bus – Socio – Federado – 12 €
- Con Bus – Socio – Non Federado – 17 €
- Sen Bus – Socio – Federado – 5 €
- Sen Bus – Socio – Non Federado – 10 €
- Con Bus – Afiliado (1ª Toma Contacto) – Federado – 15 €
- Con Bus – Afiliado (1ª Toma Contacto) – Non Federado – 20 €
- Sen Bus – Afiliado (1ª Toma Contacto) – Federado – 8 €
- Sen Bus – Afiliado (1ª Toma Contacto)- Non Federado – 13 €
– Peche de inscricións: Xoves, 17 de Outubro ás 23:59 horas
- 1º Punto de Encontro: Ás 7:30 horas, no Mercadona – Noia Mercadona – Noia
- 2º Punto de Encontro: Ás 7:50 horas, no Parking da Rotonda dos Colexios en Bertamiráns Parking da Rotonda de Bertamiráns
- 3º Punto de Encontro: Ás 8:00 horas, na Rotonda do inicio do Milladoiro Rotonda de Milladoiro
- Antes de dirixirnos ao Punto de Inicio da Ruta, pararemos en Arzúa para tomar un café e poder ir ao baño
- 4º Punto de Encontro e Inicio da Ruta: Ás 8:50 en Capela de Fonte Santa, en Lema – Arzúa Capela de Fonte Santa
- Ás 9:00 iniciaremos a actividade.
– Farase entrega dos dorsais donde van indicados os datos de contacto do club
– Percorreremos sendeiros ao marxe do Río Iso
– Subiremos una pista con notable pendiente, pero que resulta un pequeno tramo que nos achegará ao banco dende onde poderemos visualizar o entorno de Arzúa, se o tempo o permite.
– Logo pasaremos ao Rego Carracedo
– Disfrutaremos dun avituallamento, no km 10, nun cruce de camiños coa estrada de acceso ás aldeas
– 1 km máis adiante teremos a posibilidade de percorrer un sendeiro de ida e volta que nos permitirá acceder á Illa da Altura, situada no medio do Encoro de Portodemouros.
– Para quén desexe facer ese tramo, e visualizar o Encoro máis de preto dende a propia Illa, incrementará 3 kms a ruta básica, pero revaloriza a zona intermedia do percorrido, que por outro lado podería resultar algo insulso.
– Camiñaremos por unha senda cercana ao Encoro de Portodemouros
– A continuación chegaremos á aldea de As Hortas, que pasaremos de longo para poder chegar á Fervenza das Hortas, a cal espero que coa chuvia destos últimos días, se vexa todavía máis fermosa
O Camiño estará sinalizado, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño
En caso de verse obrigado a desprazarse do camiño é conveniente deixar sempre algún obxecto que indique a súa situación, para non continuar recollendo a marcaxe ata o seu regreso
Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista. Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
Importantísimo
- Norma Básica: Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro al longo do percorrido.
- Aconsellamos levar sempre un vaso ou botellín para reencher de bebida e evitar o consumo innecesario de vasos desbotables
- Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo e o uso dos bastóns.
- Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.