6ª ETAPA GALEGA CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA: PONTEVEDRA – CALDAS DE REIS
O 2 de Xuño proseguiremos co novo tramo do roteiro do Camiño Portugués pola Costa – Etapa Galega , e realizaremos a 6ª Etapa dende Pontevedra ata Caldas de Reis
– Peche de inscriciones: Xoves, 30 de Maio, ás 23:59 horas
* PRAZAS LIMITADAS !!!
* NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!
– O Xantar de Confraternidade terá un coste de 17 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte
* RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, a fin de non quedar sen praza e para poder informar ao Restaurante coa antelación precisa
• Punto de encontro: ás 7:00 no aparcamento do Mercadona – Noia
– Recollerase aos participantes nos lugares de Noia, Espiñeira, Catoira e Pontevedra
– Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club
– Faremos unha parada para desaiunar
– O autobús levaranos ao punto de salida en PONTEVEDRA, para dar inicio á ruta desta 6ª Etapa
– Iniciaremos a ruta ás 9:00 horas
– Ao ser a ruta tan fácil calquera socio do club é capaz de facer a actividade a 4,5 km/h, sin necesidade de apurarse, polo que rogamos que non se enrede parando en bares ou cafeterías ao longo do camiño, e se deixe ese requisito para o final, sobre todo si esto implica retrasar o peche, para que a hora de retorno non se faga excesivamente tardía
– Calculamos o remate da ruta ás 14:00 horas, e logo mudaremos a indumentaria, tralo que o Bus nos desprazará ata o Restaurante, onde realizaremos un Xantar conxunto
– Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos limitar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento
– Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 17:00 como límite
– Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:
* XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos
* Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos
* SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS
> O Camiño irá por sendas ou polas estradas nas cidades, habrá sinalizaciones do Camiño de Santiago, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño
> Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
> Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
* Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse