logo-trabandainas-blanco
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Socios | 5ª Etapa Galega Camiño Portugués pola costa: Redondela – Pontevedra

19 mayo / 06:30 - 17:00

 19 de Maio proseguiremos co novo tramo do roteiro do Camiño Portugués pola Costa – Etapa Galega , e realizaremos a 5ª Etapa dende Redondela ata Pontevedra

  • Distancia: 21,0 km
  • Dificultade: Baixa
  • 1 avituallamento, km 10
  • Prezo:
    • Socios Federados – 10 €
    • Socios Non Federados – 15 €
    • Sen Bus – Socio Federado – 5 €
    • Sen Bus – Socio Non Federado – 10 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) Federados – 13 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) Non Federados – 18 €

 – Peche de inscriciones: Xoves, 16 de Maio,  ás 23:59 horas   

* PRAZAS LIMITADAS !!!

 * NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!

 – O Xantar de Confraternidade terá un coste de 17 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte

 

 * RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, a fin de non quedar sen praza e para poder informar ao Restaurante coa antelación precisa

 

•  Punto de encontro: ás 6:45 no aparcamento do Mercadona – Noia

– Recollerase aos participantes nos lugares de Noia, Espiñeira, Catoira e Pontevedra

– Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club

– Faremos unha parada para desaiunar

– O autobús levaranos ao punto de salida en BOUZAS – VIGO, para dar inicio á ruta desta 4ª Etapa

– Iniciaremos a ruta ás 9:00 horas

– Ao ser a ruta tan fácil calquera socio do club é capaz de facer a actividade a 4,5 km/h, sin necesidade de apurarse, polo que rogamos que non se enrede parando en bares ou cafeterías ao longo do camiño, e se deixe ese requisito para o final, sobre todo si esto implica retrasar o peche, para que a hora de retorno non se faga excesivamente tardía

– Calculamos o remate da ruta ás 13:30 horas, e logo mudaremos a indumentaria, tralo que o Bus nos desprazará ata o Restaurante, onde realizaremos un Xantar conxunto

– Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos limitar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento

– Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 17:00 como límite

  • Canto máis axilicemos a ruta, antes poderemos voltar á casa

– Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:

XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos

Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos

 

 SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS 

 

> O Camiño irá por sendas ou ecopistas o máis preto posible do mar, habrá sinalizaciones do Camiño de Santiago, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño

> Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.

> Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.

 * Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

 

Importantísimo!!!

  1. Norma Básica:  Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro ao longo do percorrido.
  2. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo eo uso dos bastones.
  3. Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.

 

Detalles

Fecha:
19 mayo
Hora:
06:30 - 17:00
Categorías del Evento:
,

Local

Mercadona
Noia
Noia, A Coruña 15200
+ Google Map

Organizador

Club Trabandainas
Correo electrónico
clubtrabandainas@gmail.com
Ver la web del Organizador