Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Socios | 5 Etapa Camiño Primitivo: Sablismo – Berducedo

17 mayo / 05:30 - 18:00

CAMIÑO PRIMITIVO, AO ESTILO TRABANDAINAS

5ª ETAPA:  SABLISMO – BERDUCEDO

17 de Maio, continuaremos co Ciclo do Camiño Primitivo, coa realización da 5ª Etapa, ao Estilo Trabandaina, que nos trasladará dende Sablismo ata Berducedo

  • Distancia: 23,00 km
  • Dificultade: Alta
  • 1 avituallamento, en Puerto de la Marta
  • Prezo:
    • Socios – Federados – 20 €
    • Socios – Non Federados – 25 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) – Federados – 25 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) – Non Federados – 30 €

– Peche de inscriciones: Xoves, 14 de Maio, ás 23:59 horas, ou ao cubrirse as prazas do bus   

 * PRAZAS LIMITADAS !!!

 * NESTA ETAPA, POR CUESTIÓNS DE HORARIOS, NON HABERÁ XANTAR DE CONFRATERNIDADE!!!

 – Pero imos a realizar un «Xantar Especial» que se irá preparando a medida que os participantes vaian chegando, para axilizar o regreso, xa que temos limitados os horarios pola distancia.

 – Estará composto por bocadillo quente, preparado no momento da chegada de cada un + cervezas / viño + postre + café

 – Valórase un coste inicial aproximado de 5 €, que se cobrarán no bus. Iremos analizando de cara as seguintes etapas si se cubre o custe con esta cantidade ou non

 

 * RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, por mor la LIMITACIÓN DAS PRAZAS, e para VALORAR cantos BUSES imos precisar  

 

•  Punto de encontro: ás 5:30 no aparcamento do Mercadona – Noia

– Recollerase aos participantes nos lugares de Noia e Bertamiráns

– Faremos unha parada para desaiunar

– O autobús levaranos ao punto de saída, para dar inicio á ruta

– Iniciaremos a ruta ás 10:30 horas

– A etapa transcurre por sendeiros que estarán marcados con moxóns do Camiño Xacobeo

– Haberá un avituallamento, no Alto de la Marta

– Se alguén non dese chegado ao Avituallamento, antes das 13:30 horas, terá que realizar o resto do percorrido no bus, pois non daría chegado ao final en tempos

– Disculpade as limitacións de horarios pero son indispensables, xa que nos temos que adaptar a un longo percorrido, para dar feito este Camiño Xacobeo.

– Calculamos o remate da ruta ás 15:30 horas.

– A medida que os participantes vaian chegando, iráselle preparando o bocadillo quente e complementos, para que vaian comendo, unha vez muden a indumentaria.

– Unha vez cambien a roupa os últimos en chegar, e rematen de xantar, iniciaremos o traxecto de retorno, que deberá ser con anterioridade das 16:30 horas

– Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos axilizar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento

– Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 16:30 como límite 

 

  •  O Camiño estará sinalizado en todo momento con vieiras en bronce ou moxóns do Camiño Xacobeo, pero haberá que ir ao pendiente.
  •  Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
  •  Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
  •  Convén non relaxar o ritmo durante a ruta, nen pararse excesivamente para facer fotos

 * Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

 * Lembrade que os sinais do Camiño continúan ata Santiago. É preciso ter claro onde imos a rematar cada etapa

Detalles

Recinto

Organizador