Socios | 2 ETAPA CAMIÑO PRIMITIVO: PEÑAFLOR – CASAZORRINA

CAMIÑO PRIMITIVO, AO ESTILO TRABANDAINAS
2ª ETAPA: PEÑAFLOR – CASAZORRINA
O 1 de Marzo, continuaremos co Ciclo do Camiño Primitivo, coa realización da 2ª Etapa, ao Estilo Trabandaina, que nos trasladará dende Peñaflor ata Casazorrina
- Distancia: 22,0 km
- Dificultade: Media – Alta
- 1 avituallamento, en La Rodriga
- Prezo:
- Socios – Federados – 20 €
- Socios – Non Federados – 25 €
- Afiliados (1ª Toma Contacto) – Federados – 25 €
- Afiliados (1ª Toma Contacto) – Non Federados – 30 €
– Peche de inscriciones: Xoves, 26 de Febreiro, ás 23:59 horas, ou ao cubrirse as prazas do bus
* PRAZAS LIMITADAS !!!
* NESTA ETAPA, POR CUESTIÓNS DE HORARIOS, NON HABERÁ XANTAR DE CONFRATERNIDADE!!!
– Pero imos a realizar un «Xantar Especial» que se irá preparando a medida que os participantes vaian chegando, para axilizar o regreso, xa que temos limitados os horarios pola distancia.
– Estará composto por bocadillo quente, preparado no momento da chegada de cada un + cervezas / viño + postre + café
– Valórase un coste inicial aproximado de 5 €, que se cobrarán no bus. Iremos analizando de cara as seguintes etapas si se cubre o custe con esta cantidade ou non
* RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, por mor la LIMITACIÓN DAS PRAZAS, e para VALORAR cantos BUSES imos precisar
• Punto de encontro: ás 5:30 no aparcamento do Mercadona – Noia
– Recollerase aos participantes nos lugares de Noia, Bertamiráns ou Santiago
– Faremos unha parada para desaiunar
– O autobús levaranos ao punto de saída, para dar inicio á ruta
– Iniciaremos a ruta ás 10:30 horas
– A etapa transcurre por sendeiros que estarán marcados con moxóns do Camiño Xacobeo e no percorrido por Oviedo, por Cunchas de Bronce, adheridas no chan
– Haberá un avituallamento, no lugar de La Rodriga, en Casas del Puente
– Se alguén non dese chegado ao Avituallamento, antes das 13:00 horas, terá que realizar o resto do percorrido no bus, pois non daría chegado ao final en tempos
– Disculpade as limitacións de horarios pero son indispensables, xa que nos temos que adaptar a un longo percorrido, para dar feito este Camiño Xacobeo.
– Calculamos o remate da ruta ás 15:30 horas.
– A medida que os participantes vaian chegando, iráselle preparando o bocadillo quente e complementos, para que vaian comendo, unha vez muden a indumentaria.
– Unha vez cambien a roupa os últimos en chegar, e rematen de xantar, iniciaremos o traxecto de retorno, que deberá ser con anterioridade das 16:30 horas
– Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos axilizar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento
– Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 16:30 como límite (se poidera ser, o ideal será saír ás 16:00 ou 16:15 a máis tardar)
- O Camiño estará sinalizado en todo momento con vieiras en bronce ou moxóns do Camiño Xacobeo, pero haberá que ir ao pendiente.
- Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
- Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
- Convén non relaxar o ritmo durante a ruta, nen pararse excesivamente para facer fotos
* Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
* Lembrade que os sinais do Camiño continúan ata Santiago. É preciso ter claro onde imos a rematar cada etapa
Importantísimo!!!
- Norma Básica: Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro ao longo do percorrido.
- Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo e importantísimo o uso dos bastóns.
- Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.