
- Este evento ha pasado.
Socios | 1 Etapa Camiño Portugués pola Costa: Porto – Praia de Angeiras 23K
15 enero / 06:00 - 17:00
10€ – 18€
1ª ETAPA CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA: PORTO – PRAIA DE ANGEIRAS
O 15 de Xaneiro vaise iniciar o roteiro do Camiño Portugués pola Costa, e realizaremos a 1ª Etapa dende Porto ata a Praia de Angeiras
- Distancia: 22,8 km
- Dificultade: Fácil
- 1 avituallamento
Prezos:
-
- Socios Federados – 10 €
- Socios Non Federados – 15 €
- Afiliados (1ª Toma Contacto) Federados – 13 €
- Afiliados (1ª Toma Contacto) Non Federados – 18 €
-Peche de inscricións: Xoves, 12 de Xaneiro ás 23:59 horas URXE!!!
* PRAZAS LIMITADAS!
• Punto de encontro: ás 6:00 no aparcamento do Mercadona – Noia
– Farase entrega dos dorsais donde van indicados os datos de contacto do club
– Un autobús levaranos ao punto de saída en PORTO para iniciar a ruta
– Iniciaremos a ruta ás 9:00 horas (os cálculos de horario faise tomando como referencia a hora española)
– A etapa transcurre polo borde do mar, polo que a dificultade é moi fácil
– O ideal será poder realizar a ruta nunha velocidade de 4,5 km/hora como mínimo, preferentemente a 5 km/hora
– Calculamos o remate da ruta ás 14:00 horas, e logo mudaremos a indumentaria
– Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos limitar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento
– Saída do autobús, de retorno a casa, ás 17:00 horas, como límite
– Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:
- Levar cada un a súa comida
- Comer pola súa conta non restaurante, sempre e cando conten co tempo suficiente ata a hora de saída do bus
* DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS.
O BUS NON PODERÁ ESPERAR, POIS DISPÓN DUN TEMPO LÍMITE DE DISPOSICIÓN*
- O Camiño irá por sendas ou ecopistas o máis preto posible do mar, haberá sinalizacións do Camiño de Santiago, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño
- Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
- Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
- Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
Importante!!
- Norma Básica: Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro al longo do percorrido.
- Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo e o uso dos bastóns.
- Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.