
- Este evento ha pasado.
Socios | 2 Etapa Camiño Portugués pola Costa: Praia de Angeiras – Aguçadoura 23K
5 febrero / 06:00 - 17:00
10€ – 18€
2ª ETAPA CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA: PRAIA DE ANGEIRAS – AGUÇADOURA
O 5 de Febreiro continuamos co roteiro do Camiño Portugués pola Costa , e realizaremos a 2ª Etapa dende a Praia de Angeiras ata Aguçadoura
- Distancia: 22,8 km
- Dificultade: Fácil
- 1 avituallamento
- Prezos:
- Socios Federados – 10 €
- Socios Non Federados – 15 €
- Afiliados (1ª Toma Contacto) Federados – 13 €
- Afiliados (1ª Toma Contacto) Non Federados – 18 €
-Peche de inscriciones: Xoves, 2 de Febreiro a las 23:59 horas
* PRAZAS LIMITADAS !!!
• Punto de encontro: ás 6:00 no aparcamento do Mercadona – Noia
– Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club
– Un autobús levaranos ao punto de salida en PRAIA DE ANGEIRAS, onde rematamos a anterior etapa, e dar inicio á ruta desta 2ª sesión
– Iniciaremos a ruta ás 9:00 horas (os cálculos de horario faise tomando como referencia a hora española)
– A etapa transcurre polo borde do mar, polo que a dificultade é moi fácil
– O ideal será poder realizar una ruta nunha velocidade de 4,5 km/hora como mínimo, preferiblemente a 5 km/hora, para que una hora de retorno non se faga excesivamente tarde
– Calculamos o remate da ruta ás 14:00 horas, e logo mudaremos a indumentaria
– Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos limitar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento
– Salida do autobús, de retorno a casa, ás 17:00 horas, como límite
- Canto máis axilicemos a ruta, antes poderemos voltar á casa
- Una referencia se tomará a partir de la hora de chegada do peche. A partires dese momento darase o prazo de dúas horas para que poida cambiarse e xantar con tranquilidade, dereito que teñen coma os demais
– Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:
* Levar cada una a su comida
* Comer POLA SÚA CONTA nun restaurante, sempre e cando conten con tempo suficiente ata a hora de saída do bus
* SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS*
*** O BUS NON PODERÁ ESPERAR, POIS DISPÓN DUN TEMPO LÍMITE DE DISPOSICIÓN*
> O Camiño irá por sendas ou ecopistas o máis preto posible do mar, habrá sinalizaciones do Camiño de Santiago, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño
> Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
> Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
* Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
Importantísimo
- Norma Básica: Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e rellenar os botellíns para ter suministro ao longo do percorrido.
- Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo eo uso dos bastones.
- Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.