Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Socios | 3ª ETAPA TRABANDAINA CAMIÑO DOS FAROS: PORTO DE CORME – DOLMEN DE DOMBATE

9 marzo / 06:30 - 17:00

9 de Marzo, si o tempo o permite, continuaremos o roteiro do Camiño dos Faros – Diseño Trabandaina, e realizaremos a 3ª Etapa dende Porto de Corme ao Dolmen de Dombate

  • Distancia: 21,90 km
  • Dificultade: Media – Alta
  • 1 avituallamento, en Ponteceso, km 10,7
  • Prezo:
    • Socios Federados – 10 €
    • Socios Non Federados – 15 €
    • Sen Desplazamento – Federados – 5 €
    • Sen Desplazamento – Non Federados – 10 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) Federados – 13 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) Non Federados – 18 €

– Peche de inscriciones: Xoves, 6 de Marzo, ás 23:59 horas, ou ao cubrirse as prazas do bus   

 * PRAZAS LIMITADAS !!!

 * NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!

 – O Xantar de Confraternidade está en trámite, e valórase un coste aproximado de 17 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte

 

 * RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, a fin de non quedar sen praza e para poder informar ao Restaurante coa antelación precisa

 

•  Punto de encontro: ás 6:30 no aparcamento do Mercadona – Noia

– Recollerase aos participantes nos lugares de Noia, Outes, A Pereira, Zas e Porto de Corme

– Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club

– Faremos unha parada para desaiunar

– O autobús levaranos ao punto de saída no Porto de Corme, para dar inicio á ruta desta 3ª Etapa

– Iniciaremos a ruta ás 9:00 horas

– A etapa transcurre por sendeiros cercanos á costa, na maior parte formados pola sendas dos pescadores

– Haberá un avituallamento na ponte de Ponteceso, no km 10,7

– Calculamos o remate da ruta ás 14:00 horas, e logo mudaremos a indumentaria, tralo que o Bus nos desprazará ata o Restaurante onde realizaremos un Xantar conxunto

– Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos axilizar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento

– Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 18:00 como límite (dependendo da hora que poidamos inicialo)

  • Canto máis axilicemos a ruta, antes poderemos voltar á casa

– Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:

XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos

Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos

 

 SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS*

 

  •  O Camiño irá por sendas de pescadores, que estarán marcadas con frechas e puntos verdes (sinais dos traskis), rógase ir ao pendiente, non desprazarse do Camiño e visualizar sempre a algún Colaborador.
  •  Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
  •  Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.

 * Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

Detalles

Fecha:
9 marzo
Hora:
06:30 - 17:00
Categorías del Evento:
,

Local

Mercadona
Noia
Noia, A Coruña 15200
+ Google Map

Organizador

Club Trabandainas
Correo electrónico
clubtrabandainas@gmail.com
Ver la web del Organizador