Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Socios | 1 ETAPA CAMIÑO PRIMITIVO: OVIEDO-PEÑAFLOR

25 enero / 05:30 - 18:00

CAMIÑO PRIMITIVO, AO ESTILO TRABANDAINAS

1ª ETAPA: OVIEDO – PEÑAFLOR

25 de Xaneiro, realizaremos iniciaremos o RCiclo do Camiño Primitivo, coa realización da 1ª Etapa, ao Estilo Trabandaina, que nos trasladará dende Oviedo ata Peñaflor

  • Distancia: 22,40 km
  • Dificultade: Media
  • 1 avituallamento, en L’Escampleru
  • Prezo:
    • Socios – Federados – 20 €
    • Socios – Non Federados – 25 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) – Federados – 25 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) – Non Federados – 30 €

– Peche de inscriciones: Xoves, 22 de Xaneiro, ás 23:59 horas, ou ao cubrirse as prazas do bus   

 * PRAZAS LIMITADAS !!!

 * NESTA ETAPA, POR CUESTIÓNS DE HORARIOS, NON HABERÁ XANTAR DE CONFRATERNIDADE!!!

 – Pero imos a realizar un «Xantar Especial» que se irá preparando a medida que os participantes vaian chegando, para axilizar o regreso, xa que temos limitados os horarios pola distancia.

 – Estará composto por bocadillo quente, preparado no momento da chegada de cada un + cervezas / viño + postre + café

 – Valórase un coste inicial aproximado de 5 €, que se cobrarán no bus. Iremos analizando de cara as seguintes etapas si se cubre o custe con esta cantidade ou non

 

 * RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, por mor la LIMITACIÓN DAS PRAZAS, e para VALORAR cantos BUSES imos precisar  

 

•  Punto de encontro: ás 5:30 no aparcamento do Mercadona – Noia

– Recollerase aos participantes nos lugares de Noia, Bertamiráns ou Santiago

– Faremos unha parada para desaiunar

– O autobús levaranos ao punto de saída, para dar inicio á ruta

– Iniciaremos a ruta ás 10:30 horas

– A etapa transcurre por sendeiros que estarán marcados con moxóns do Camiño Xacobeo e no percorrido por Oviedo, por Cunchas de Bronce, adheridas no chan

– Haberá un avituallamento, no lugar de L’Escampleru

– Se alguén non dese chegado ao Avituallamento, antes das 13:00 horas, terá que realizar o resto do percorrido no bus, pois non daría chegado ao final en tempos

– Disculpade as limitacións de horarios pero son indispensables, xa que nos temos que adaptar a un longo percorrido, para dar feito este Camiño Xacobeo.

– Calculamos o remate da ruta ás 15:30 horas.

– A medida que os participantes vaian chegando, iráselle preparando o bocadillo quente e complementos, para que vaian comendo, unha vez muden a indumentaria.

– Unha vez cambien a roupa os últimos en chegar, e rematen de xantar, iniciaremos o traxecto de retorno, que deberá ser con anterioridade das 16:30 horas

– Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos axilizar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento

– Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 16:30 como límite (se poidera ser, o ideal será saír ás 16:00 ou 16:15 a máis tardar)

 

  •  O Camiño estará sinalizado en todo momento con vieiras en bronce ou moxóns do Camiño Xacobeo, pero haberá que ir ao pendiente.
  •  Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
  •  Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
  •  Convén non relaxar o ritmo durante a ruta, nen pararse excesivamente para facer fotos

 * Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

 * Lembrade que os sinais do Camiño continúan ata Santiago. É preciso ter claro onde imos a rematar cada etapa

 

 

Importantísimo!!!

  1. Norma Básica:  Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro ao longo do percorrido.
  2. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo e importantísimo o uso dos bastóns.
  3. Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.

Detalles

Local

Organizador