- Este evento ha pasado.
Socios | 5ª Etapa Galega Camiño Portugués pola costa: Redondela – Pontevedra

O 19 de Maio proseguiremos co novo tramo do roteiro do Camiño Portugués pola Costa – Etapa Galega , e realizaremos a 5ª Etapa dende Redondela ata Pontevedra
- Distancia: 21,0 km
- Dificultade: Baixa
- 1 avituallamento, km 10
- Prezo:
- Socios Federados – 10 €
- Socios Non Federados – 15 €
- Sen Bus – Socio Federado – 5 €
- Sen Bus – Socio Non Federado – 10 €
- Afiliados (1ª Toma Contacto) Federados – 13 €
- Afiliados (1ª Toma Contacto) Non Federados – 18 €
– Peche de inscriciones: Xoves, 16 de Maio, ás 23:59 horas
* PRAZAS LIMITADAS !!!
* NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!
– O Xantar de Confraternidade terá un coste de 17 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte
* RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, a fin de non quedar sen praza e para poder informar ao Restaurante coa antelación precisa
• Punto de encontro: ás 6:45 no aparcamento do Mercadona – Noia
– Recollerase aos participantes nos lugares de Noia, Espiñeira, Catoira e Pontevedra
– Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club
– Faremos unha parada para desaiunar
– O autobús levaranos ao punto de salida en BOUZAS – VIGO, para dar inicio á ruta desta 4ª Etapa
– Iniciaremos a ruta ás 9:00 horas
– Ao ser a ruta tan fácil calquera socio do club é capaz de facer a actividade a 4,5 km/h, sin necesidade de apurarse, polo que rogamos que non se enrede parando en bares ou cafeterías ao longo do camiño, e se deixe ese requisito para o final, sobre todo si esto implica retrasar o peche, para que a hora de retorno non se faga excesivamente tardía
– Calculamos o remate da ruta ás 13:30 horas, e logo mudaremos a indumentaria, tralo que o Bus nos desprazará ata o Restaurante, onde realizaremos un Xantar conxunto
– Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos limitar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento
– Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 17:00 como límite
- Canto máis axilicemos a ruta, antes poderemos voltar á casa
– Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:
* XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos
* Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos
* SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS
> O Camiño irá por sendas ou ecopistas o máis preto posible do mar, habrá sinalizaciones do Camiño de Santiago, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño
> Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
> Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
* Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
Importantísimo!!!
- Norma Básica: Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro ao longo do percorrido.
- Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo eo uso dos bastones.
- Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.