- Este evento ha pasado.
Socios | Ruta por Guitiriz

O 19 de NOVEMBRO imos realizar a Ruta por Guitiriz
- Distancia: 19 km
- Dificultade: Baixa
- 1 avituallamento
- Prezo:
- Socios Federados – 15 €
- Socios Non Federados – 20 €
- Afiliados (1ª Toma Contacto) Federados – 18 €
- Afiliados (1ª Toma Contacto) Non Federados – 23 €
–Peche de inscricións: Xoves, 16 de Novembro ás 23:59 horas
• 1º Punto de encontro: ás 7:00 no aparcamento do Mercadona – Noia
• 2º Punto de encontro: ás 7:10 na Rotonda Saída 7 de Bertamiráns
• 3º Punto de encontro: ás 7:30 no aparcadero do Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago
– Farase entrega dos dorsais donde van indicados os datos de contacto do club
– Un autobús levaranos ao punto de saída en Ponte Medieval de San Alberte, en Parga
– Percorreremos sendeiros ao marxe do Río Parga, polo sendeiro PRG-99, da Ruta da Auga de Guitiriz
– Trátase dunha ruta lineal que remata na Capela de Santo Domingo, en Pardiñas, de Guitiriz
– Ao remate da Ruta realizarase un Xantar de Confraternidade, por importe de 16 €, que se cobrará no Bus, aos que desexen participar
O Camiño estará sinalizado, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño
Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista. Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
Importantísimo
- Norma Básica: Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro al longo do percorrido.
- Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo e o uso dos bastóns.
- Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.
¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!